MartÃnez-Conde, Ricardo / Escritor
Houbo como unha brisa previa -asà son os segredos-, un nacemento na parte dunha tarde a soas apracible ao recordo. A herba e a roa estaban moi preto, formando parte de min, que, nese momento, asistÃa a unha cerimonia do vivir, asombrado polo agasallo... e naceu a nube.
(Alà abaixo, tan amplo coma o descoñecido, o mar)
No aire apareceu un fÃo branco que foi crecendo, tomando dimensión, forma de nube. E aà quedou suspendida un momento, antes de iniciar un camiño sen rumbo, o mesmo que o do mirar.