Para saír deste lugar / Para salir de este lugar
-5%

Para saír deste lugar / Para salir de este lugar

Edición bilingüe galego / castellano

Pedreira, Emma / Escritor

13,00 €
12,35 €
IVA incluido
Editorial:
Editora Urutau
Año de edición:
2022
Materia
Literatura-poesía
ISBN:
978-65-5900-363-1
Páginas:
86
Idioma:
Gallego
Encuadernación:
Rústica
Alto:
195mm
Ancho:
140mm
13,00 €
12,35 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Convídote a entrar e saír deste lugar, encrucillada de camiños sen retorno onde o corpo e a linguaxe encaixan sutilmente, e a ferida e mais a dor saben amoldarse, porque o gume está afiado cunha precisión cirúrxica, tan exacta como para mancarnos sen facernos sangrar. Deste xeito, antes da primeira pinga, ofrécenos a posibilidade da saída.
Emma Pedreira é unha maga das palabras e das imaxes, con elas escribe e inscribe na nosa carne un percorrido cara á liberdade, vasos comunicantes por onde flúe a vida ao límite cunha extensión, porén, ilimitada; así de vasto é o seu complexo imaxinario.
Guíanos a voz sen pausa dun animal nómade que transporta no interior a súa propia casa, facéndonos habitar un limbo entre a tundra e mais o bosque, sempre a piques de arder ao ser tocados, o pracer convive coa devastación da paisaxe emocional e física: os meus dedos rotos sen ti, os teus dedos rotos, a miña boca rota, a miña pel colgando coma se fose a pel dunha casa deshabitada, a miña cona roturada, os meus xeonllos exhaustos, o embigo cheo dun vidro grimoso ao tacto. Eros e tánatos xogando a cativarse e a perderse, pois a perda está no centro deste libro tamén, nese oco conviven a alerta constante da espera e a pulsión da vida a favor da fuga.

A linguaxe que todo o pode e o transforma como un ritual iniciático que nos fixese ver a luz do primeiro amencer e tamén a negrura do ocaso. Ansiar o poema como se ansía o amor e turrar da sintaxe ata atopar co nada. Aí remata; así de vasto e de complexo é o silencio.

Silvia Penas

Artículos relacionados

  • Entardece
    Martínez-Conde, Ricardo / Escritor
    A lúa pensaque todo ser amadonaceu coa noiteO mariñeiro,un camiño por facer.Lene brumaA néboa chegoue agranda o murmurio;logo esvaeráSempre deitabaesperando a marea.cerca dos soños ...
    En stock

    12,60 €11,97 €

  • La flor invisible
    Esteban de la Fuente, Ricardo / Escritor
    El cero o el infinito aparecen en este poemariosumergiéndonos en el sonido indescifrable del alma,donde la flor invisible transparenta sus secretosexhalando el aroma de su pequeño universo.Los pétalos se abren, los párpados se cierran,la aurora del poema inicia quedamente su vozexpandiendo su fulgor en silencio...Solo queda el misterio del amorcomo una llama en el aire,desnudan...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • Águas para te beber amor
    Arziki, Lolo / Escritor
    Quer comer chocolate, mas abomina o açúcar, assim dizem que quanto mais preto melhor. Quanto mais preto mais amargo, difícil de digerir, mas é instigante o desconforto que causa, comem suavemente na tentativa de aliviar a dureza. O de leite não é saudável, muito doce, misturamos o amargo do chocolate com café e assim satisfazemos o nosso vício, preto no preto, sólido no líquido...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • El arcón de mis secretos
    Campo, Josefina / Escritor
    En nuestro más profundo ser, todos tenemos un lugar, un espacio, un cajón, un armario, una habitación, un trastero, un arcón, una carpeta... donde guardamos, en muchas ocasiones, trastos inservibles e inútiles con el paso del tiempo, cachivaches de todo tipo que pusimos a buen recaudo en un “por si acaso”, recuerdos entrañables que, después se nos han ido olvidando o, por el co...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • Sutura
    Osorio, Manuel / Escritor
    Sutura es un poemario que explora las heridas que laten bajo la superficie de lo cotidiano. A través de imágenes evocadoras —un tren que se desvanece en polvo, un poeta-cadáver con ojos vivos, islas de identidad dispersas—, este libro invita a reflexionar sobre cómo coser el desgarro entre lo real y lo imaginario.No es una cura, sino un mapa de cicatrices: cada verso, como hilo...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • Versos del todo y la nada (2 vols.)
    Lorenzo, Ana Maria / Escritor
    En la esencia de los versos que nacen del todo y la nada, encontramos un susurro eterno que reverbera en la conciencia humana. El "todo" representa el vasto universo y su infinita complejidad, una totalidad en la que cada elemento forma parte de un engranaje mayor, pero cuya magnitud escapa a la comprensión absoluta. Es el ser, la creación, el movimiento y la interconexión. Es ...
    En stock

    22,95 €21,80 €