Recamán, Anton / Escritor
Se teño que ser sincero (e porque non dicilo, cada ano que pasa minto máis) sempre pensei que hai cousas para as que non estou preparado nesta vida. Unha é coller un avión polo mero pracer de voar; outra ben poderÃa ser ter fillos; e a que aquà nos trae, escribir limiares.
Certo é que este non é o primeiro limiar que escribo, mais tamén é verdade que hai anos xureime non volver escribir ningún máis. Asà que cando o Antón se puxo en contacto comigo para esta cuestión, a miña primeira reacción foi de sorpresa e enorme gratitude, aÃnda que tamén foi de dúbida. A pesar do meu xuramento de anos atrás, púidome máis a curiosidade de ler este poemario antes de que fose publicado. Penso que fixen ben. O pracer de ler este Alén do Corpo en primicia fÃxome sentir como o neno pequeno que fai algo prohibido e só el sabe da súa maldade.
Suso Bahamonde