AA.VV
Entre os séculos XII e XIV, a propagación da cultura trobadoresca fixo das cortes ibéricas un palco privilexiado para a lÃrica en galego-portugués. Entreteceuse unha ampla e rica rede de conexións literarias e socioculturais, froito dos contactos entre autores en espazos de encontro e intercambio poético. O resultado foi unha produción lÃrica de marcado carácter dialóxico: debates, diálogos, polémicas literarias ou sociopolÃticas, ciclos satÃricos... A obra dos trobadores facilita rastrear os vÃnculos que unen autores ou textos, en especial, mediante as referencias explÃcitas ou implÃcitas a personaxes e/ou a feitos históricos, e as concomitancias temáticas, formais e expresivas. A adecuada valoración destes indicios textuais e literarios leva a prestar atención ao contexto histórico e creativo, ao sentido e á función dos textos. Desde esta perspectiva, o presente libro reúne oito contribucións que abren novas vÃas para a exploración do legado lÃrico galego-portugués.