Cabada, Marcus Daniel / Escritor
A metafísica da ausencia é unha busca da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén a calmar toda presenza redentora e a enclaustra no esquecemento da historia. Ao final, a ausencia é o todo, que é o mesmo que nada, que nos devolve á partida entre Alguén e Ninguén co escenario dun horizonte gris que paraliza calquera argumento estético e activa aos reporteiros que nos transmiten. este enfrontamento coas cartas marcadas entre o traidor Alguén e o ferido Ninguén. O autor trata de establecer unhas regras de xogo e recorre á memoria, a cal amolece como un té que camiña e desarena os versos e que vai construíndo unha distancia que leva á lembranza e ao silencio. Alí é onde as flores actúan como reporteiras e rastreadoras de ausencias, recordos e presenzas. A flora completa un penedo rochoso pola noite que vai da costa a un novo mar, que leva ás costas do odio e do amor, que nos axudan a medrar e espallar sobre os nosos pés a zona para construír o noso camiño. O poema sitúa Ninguén ligado á palabra, á nostalxia e á plastificación frontada co sono e a conciencia. E presenta Alguén como espello para Ninguén, que crea un universo de palabras sonoras. Ao final todo nos leva a un fin. É a nudez dos individuos que se colocan fronte ao destino. E presenta Alguén como espello para Ninguén, que crea un universo de palabras sonoras. Ao final todo nos leva a un fin. É a nudez dos individuos que se colocan fronte ao destino. E presenta Alguén como espello para Ninguén, que crea un universo de palabras sonoras. Ao final todo nos leva a un fin. É a nudez dos individuos que se colocan fronte ao destino.Marcus Daniel Cabada
Israel Sanmartín