Rico, Manuel / Escritor Santamarina, Antón / Escritor
O cancioneiro popular de Galicia, transmitido de forma lúdica e recreativa nas festas familiares ou nas reunións de amigos, fixou cancións que permanecen na memoria colectiva, vinculadas a esas situacións festivas. Esta selección está deseñada coa intención de recuperar unha parte dese cancioneiro, para que sirva de axuda á memoria de quen xa coñecen as cantigas, ou como un encontro con este signo de identidade cultural para quen as descobre por primeira vez. As cantigas desta selección son aquelas que todo o mundo coñece, pero que poucos lembran cando un grupo ponse a cantar. Nese momento, sacaremos do peto este librito e concluiremos a reunión coa satisfacción de recrear letras e melodías nadas do imaxinario colectivo.